Principal » Contacta con nós

Contacta con nós

boirense,
29/01/2012
Pregunta:
a donde me puedo diriguir para enviar mi curriculo,para ser contratado para el nautico boiro en cabo de cruz
O Concello responde:
Esta son os datos de contacto do clube náutico Marina Cabo de Cruz Dirección postal Nautico Boiro - Marina Cabo de Cruz Ensenada de Corbiño 15939. Cabo de Cruz Apartado de Correos 68 Boiro. A Coruña Teléfono: 981 845 358 email: info@nauticoboiro.com
ISABEL, Espiñeira
27/01/2012
Pregunta:
Bos días. Escribo para solicitar que se pinte o paso de peóns que hai ó final da Rúa Principal, a altura da rotonda que vai para Espiñeira. Case non se ve polo que non paran os coches co perigo que isto entraña para os peóns que queren cruzar. Un saúdo.
O Concello responde:
Moitas gracias Isabel pola súa colaboración, indicaremos a brigada de obras que o pinten o máis axiña posible.
alberto ares, boiro
26/01/2012
Pregunta:
queremos os heredeiros da crus nas festas de boiro, ou san ramon de bealo. http://www.heredeirosdacrus.com/contacto
O Concello responde:
O programa das festas é confeccionado pola Comisión Organizadora, depende básicamente do orzamento, no seu reparto debe terse en conta que o elenco de actuacións sexan do agrado da maioria, non é unha labor doada, o cartel de variedades é moi extenso e os gustos moi diversos. Comunicaremos da súa suxestión Alberto, moitas gracias.
Juan, Boiro
25/01/2012
Pregunta:
Veño de ler con agrado a noticia que fala do "DNI perruno" e quero darlles parabéns pola súa iniciativa: noraboa.
O Concello responde:
Moitas gracias Juan, con estas actuacións non só se pretende a identificación, senón tamén que todos nos concienciemos da responsabilidade que conleva a tenencia de animais, cumprindo coas ordenanzas e procurando manter as rúas limpas.
SUSANA MARIÑO POUSO, BOIRO
25/01/2012
Pregunta:
bos días, gustaríame saber que se vai por em marcha o Viveiro de empresas que foi inaugurado fai poucos meses no poligono e sobretodo queria saber si van impartir cursos no centro de formacion de hosteleria.Grazas
O Concello responde:
O centro de Formación e Viveiro de empresas o que vostede se refire non dispón de dotación orzamentaria para a súa posta en funcionamento e mantemento, polo que debemos esperar. De tódolos xeitos este goberno está facendo xestións para posibles proxectos de formación e viabilidade que poidan axudarnos na dotación de contidos dos que carece ata o momento, gracias por contactar.
Lucía, Santiago de Lampón-Escarabotiño
25/01/2012
Pregunta:
Bos días.... non sei a quen pode competer ( de seguro que a obras ) polo tanto diríxome en xeral a tod@s.... Compañía R... teñen na entrada do Camiño Vello - Escarabotiño -( frente a estrada que ven do muelle, unhas vallas con unha cova chea de tubos dende fai mais de 15 días.... para os veciños dalí fai moi dificultosa a entrada para as vivendas, aquelo xa e demasiado achicado e deberíase tapar canto antes para poder ter holgura de entrada...eu quixen falar con algún operario da empresa " R " pero non os dou visto. ¿ onde podo dirixirme para reclamar a axilización desta obra ??. Graciñas // Lucía.
O Concello responde:
Xa ten coñecemento o departamento de urbanismo, puxéronse en contacto coa empresa para que axilice estas obras e procure desaloxar a zona para a libre circulación, moitas gracias.
SUSANA MARIÑO POUSO, BOIRO
23/01/2012
Pregunta:
Bos días,En diciembre anunciouse na Voz De Galicia que en Nadal haberia una pista de patinaxe sobre xeo, que pasou co tema? http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2011/12/10/0003_201112B10C4993.htm
O Concello responde:
Bo día Susana, está actuación tal como se recolleu nos xornales no seu día formaba parte dun plan de dinamización comercial iniciado pola asociación de empresarios boirense e a Diputación da Coruña. A información que dispoñemos ó respecto no Concello é que non foi posible por falta de tempo material e axustes na adxudicación para a contratación con posibles empresas. Os prazos non lles permitían coincidir coa campaña de Nadal, previsión ca que se contaba por tratarse de período vacacional sobre todo para os nenos e tamén días de máis actividade comercial, polo que consideraron deixalo para outra ocasión.
Lucía, Santiago de Lampón
23/01/2012
Pregunta:
como veciña ( e tamén presidenta Asociación Veciños "Fontenova" teño que felicitarlles pola laboura que están a facer ca limpeza, das veira rúas, arredores, etc.da nosa parroquia, non sei si o están a facer noutras, coido que irán percorrendo as distintas paroquias e kugares.Foi, e, unha ( dende o meu punto de vista ) moi boa idea. Mil grazas o Sr. alcalde e a toda a Corporación como támén o Sr. nacho e os seus colaboradores de Protección Civil....Peralto quedou ben, agora xa se pode entrar no pequeno parque da praia.... änimo, sigan nesa línea... unh aparroquia limpa fala moito en ben dos seus rexidores, nótase que se preocupan pola vistosidade dos nosos lugares.Amosémos Boiro como e..... limpo e coidado... as veces faise mais ...con poucos cartos e boas ideas que con cartos e sen interés. Noraboa. // Lucía// S. Lampon.Ah... non se esquenzan dos donos dos cans... xa saben porqué....
O Concello responde:
Gracias Lucia polo seu recoñecemento, como vostede ben dí a imaxe do pobo é a súa mellor tarxeta de presentación, entre todos debemos seguir esforzándonos para mellorala. Tamén nestes días se está insistindo no cumprimento da ordenanza que regula a tenencia de animais na procura dun Boiro máis limpo.
Veciñ@,
18/01/2012
Pregunta:
Sr. Alcalde-Presindente, Responsable Seguridade Vial. E de proporlle, si sería posible que trasladase o bus doazon de sangue, a Praza de Galicia ou ben a rúa peonil, onde terá maior visibilidade de cara os doantes de sangue e tendo en conta que son zonas moi ben requeridas para tal fin, evitando todo isto a ocupación dun carril de tráfico, onde a circulación e densa durante o día. Gracias, un saúdo.
O Concello responde:
Moitas gracias veciña, estudiaremos esta suxestión ou posibles inconvintes técnicos co servizo de doazón que se despraza coa unidade móbil.
veciños de cabo, boiro
17/01/2012
Pregunta:
EN la carretera de carragueiros donde vas para la playa la carretera esta muy mal da mala imagen al turismo se podria asfaltar un saudo
O Concello responde:
Actualmente estanse a ver as necesidades de pavimentación nos distintos viales, contando que nos próximos meses co bo tempo se poidan realizar as obras, moitas gracias pola súa colaboración.
Especiais
Taboeiro