Principal » Novas
  • 30-04-10 11:03
  • Representación teatral: Menos Lobos
  • Casa da Cultura de Boiro
  • Hoxe venres día 30 de abril a compañía Talía teatro representara Menos lobos,  conmemorase o seu décimo aniversario da súa estrea na Casa da cultura Ramón Martínez López"   Pola mañá habera dúas funcións ( 10:15-12:00) destinadas a escolares de educación primaria e ás oito da tarde hai unha función aberta.

  • Menos lobos.pdf
  • 29-04-10 14:36
  • Clube Ciclista Barbanza
  • Presentación do equipo para esta tempada
  • MAÑÁ VENRES, DÍA 30 DE ABRIL, ÁS 19.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO (salón de actos, 1º andar), o Club Ciclista Barbanza presentará ao seu equipo para esta tempada. Ao acto asistirán o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, e o Presidente do club, Ricardo Riveiro

  • 29-04-10 09:58
  • Programa para a Promoción do Emprego Autónomo
  • Orde de 22 de abril de 2010 (DOG 28 de abril)
  • Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que facilitan a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas

  • Promocion do emprego autonomo.pdf
  • 28-04-10 08:45
  • Rcepción dun grupo de alumnos e profesores
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • O VENRES, DÍA 30 DE ABRIL, ÁS 10.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL (salón de actos, 1º andar), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, recibirá a un grupo de 55 alumnos e profesores da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). (Achego nota de prensa anexa)

  • Visita da USC.pdf
  • 28-04-10 08:40
  • Concurso de carteis convocado pola OMIC
  • Entrega de premios
  • MAÑÁ XOVES, DÍA 29 DE ABRIL, ÁS 12.00 HORAS NA BIBLIOTECA DO IES A CACHADA, o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e o Concelleiro de Educación e Consumo, Mariano Muñiz, entregarán os premios do concurso de carteis convocado pola OMIC de Boiro “Deseñamos a nosa OMIC”, no que participaron escolares do municipio

  • 23-04-10 12:55
  • Xuntanzas con motivo do Plan de Ordenación do Litoral
  • Concellería de Urbanismo do Concello de Boiro
  • A Concellería de Urbanismo, que dirixe Xoán León Vidal, convocou as seguintes xuntanzas con motivo de explicar aos veciños o Plan de Ordenación do Litoral (POL) da Xunta de Galicia, así como analizar o trazado do gasoducto do Barbanza.
    Son as seguintes:

    • 26 DE ABRIL ÁS 20.30 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE PONTE BELUSO
    • 4 DE MAIO ÁS 20.30 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE CESPÓN
  • 16-04-10 14:46
  • Exposición: A Historia de Galicia
  • 20 de abril de 2010 ás 12:30 h na Casa da cultura de Boiro
  • A historia de Galicia.pdf
  • 16-04-10 13:55
  • Campaña do Sorteo do Ouro 2010
  • Cruz Vermella de Boiro
  • A Cruz Vermella en Boiro selecciona colaboradores e colaboradoras para a campaña do Sorteo do Ouro 2010. Se estás interesado ou interesada en participar non dubides en poñerte en contacto connosco, estamos no 3º andar do Centro Social de Boiro, Tfno.: 981 844 804, gaboiro@cruzroja.es

  • 16-04-10 13:35
  • A indumentaria tradicional galega. O traxe de muros
  • Inauguración de Exposición
  • Día e hora: 17 de abril de 2010 ás 20:00
    Lugar: edificio consistorial de Boiro
    Colabora :Deputación da Coruña e o Concello de Boiro.
    O acto estará presidido polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e asistirá a Deputada Provincial Caridad González Cerviño

  • Invitacion.pdf
  • 12-04-10 14:23
  • III Festival audiovisual
  • Presentación no Centro Social de Boiro
  • O MÉRCORES, DÍA 14 DE ABRIL, ÁS 12.30 HORAS NO CENTRO SOCIAL (salón de actos, 1º andar), o concelleiro de Educación, Mariano Muñiz, e o presidente da Asociación Cultural “Borobó”, Jorge Campaña, presentarán o “III Festival Audiovisual”, que se celebrará este venres día 16 e que contará coa presenza da actriz Mariana Carballal e no que se proxectarán, entre outras, a curta “La dama y la muerte”, de Javier Recio, ganador do Goya 2010 á mellor curta de animación e nominado aos Oscar.

Especiais
Taboeiro