Principal » Novas
  • 17-03-10 08:01
  • Visita da Xefa Territorial da Consellería de Educación
  • Colexio de Cespón
  • Hoxe ás 12.30 HORAS, a Xefa Territorial da Consellería de Educación, Teresa Villaverde Pais, realizará unha visita ao colexio de Cespón, onde será recibida polo Alcalde, Xosé Deira Triñanes, o concelleiro de Educación, Mariano Muñiz, e a dirección do centro. O motivo da visita é o traslado dos alumnos das unitarias do Sar e Vilariño ao colexio, cambio que se efectuou no día de onte.

  • 15-03-10 08:13
  • III Certamen literario Ramón Martínez López
  • Presentación
  • MAÑÁ MARTES, DÍA 16 DE MARZO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA DE CULTURA, o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e o Concelleiro de Educación, Mariano Muñiz Blanco, presentarán as bases do III Certame Literario “Ramón Martínez López”, que organizan as Concellerías de Educación e Cultura e a Biblioteca Municipal de Boiro.

  • 04-03-10 11:47
  • Balance de actuación de Servizos Sociais
  • Ano 2009
  • Rolda de prensa sobre os servizos que presta o Departamento de Servizos Sociais, na que compareceron o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares; a concelleira de Servizos Sociais, Natalia Laíño, e os técnicos do departamento.

  • Balance 2009.pdf
  • 03-03-10 13:38
  • Día internacional da Muller Traballadora
  • Centro de información á muller
  • MAÑÁ XOVES, DÍA 4 DE MARZO, ÁS 11.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), e con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora, o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a concelleira de Servizos Sociais, Natalia Laíño Lojo, acompañados por técnicos municipais, ofrecerán os balances de actuación dos distintos servizos que integran o departamento, entre eles o Centro de Información á Muller (CIM)

  • 01-03-10 14:09
  • Director de obras de substitución de sanemamento de Barraña
  • Rolda de prensa
  • MAÑÁ MARTES, DÍA 2 DE MARZO, ÁS 13.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), o director das obras de substitución do saneamento en Barraña de Costas de Galicia, Ricardo Babío, e o técnico de Augas de Galicia, David Hernáez, xunto con membros do goberno local, ofrecerán unha rolda de prensa para explicar os pormenores desta actuación e as previsións de desenvolvemento das mesmas

  • 24-02-10 12:21
  • Impartición dun curso de monitor de tempo libre
  • Firma de convenio
  • MAÑÁ XOVES, DÍA 25 DE FEBREIRO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), terá lugar a sinatura dun convenio entre o Concello de Boiro e a Escola de Tempo Libre “Fesan”, para a impartición dun curso de monitor de tempo libre para mozos que levará a cabo a Concellería de Xuventude, que dirixe a concelleira Dores Torrado

  • 19-02-10 14:32
  • Nova sinalización de tráfico
  • Cabo de Cruz
  • O LUNS, DÍA 22 DE FEBREIRO, entrará en vigor a nova sinalización de tráfico colocada no casco urbano de Cabo de Cruz, parroquia do Castro. Dita ordenación de tráfico foi levada a cabo, a petición das necesidades prantexadas polos veciños, e consensuada coa Asociación de Veciños A Unión

  • 18-02-10 14:49
  • Actividades de inmersión lingüística
  • Axudas da Xunta de Galicia
  • Axudas da Xunta de Galicia dirixidas ao alumnado de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística no ano 2010. Para mais informacion:
    OMIX do Concello de Boiro
    Centro Social de Boiro
    R/Poeta Manuel María s/n
    15930. Boiro
    981842635/ centrosocial@boiro.org

  • Convocatoria axudas idiomas.pdf
  • 15-02-10 08:30
  • Antroido 2010
  • Cartel coa programación de festexos en Boiro
  • 11-02-10 11:57
  • Biblioteca Municipal da Cachada
  • Casa da Cultura Ramón Martínez López
  • Novidades en cine (dvd), banda deseñada, música e libros.

  • Novidades Febreiro 2010.pdf
  • 10-02-10 14:27
  • Promoción do voleibol en Boiro
  • Departamento de deportes do Concello de Boiro
  • O Concello de Boiro, en colaboración co Club Voleibol Boiro está preparando un ciclo de actividades relacionadas co volei co obxectivo de promocionar este deporte no concello

  • Promocion do voleibol.pdf
Especiais
Taboeiro