Principal » Novas
  • 17-08-10 14:20
  • Campionato de España de Golf: pitch and putt
  • Campo de golf de Moimenta
  • ESTE XOVES, DÍA 19 DE AGOSTO, ÁS 13.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), celebrarase a presentación do Campionato de España de Golf na modalidade de “pitch and putt”, que se disputará no Campo de Golf de Moimenta no mes de setembro. Asistirá o Alcalde, Xosé Deira; a Concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o Presidente da Asociación Española do Comité de “Pitch and Putt”.

  • CAMPIONATO PITCH AND PUTT.pdf
  • 17-08-10 12:47
  • Galiza martir 2010
  • Martes 17 de agosto na rotonda de Cimadevila
  • Boiro, xoves día 12 de agosto de 2010. O Concello de Boiro homenaxeará este ano, no “Día da Galiza Mártir”, ao que fora mestre na escola do pósito de Escarabote D. Rodrigo Álvarez Gantes, que morreu fusilado en Santiago o 23 de febreiro de 1937

  • Galiza martir 2010.pdf
  • 16-08-10 11:52
  • Rutas cicloturísticas de Boiro
  • Inauguración da II fase
  • Boiro, luns 16 de agosto de 2010. Onte inaugurouse a  2ª fase das rutas cicloturísticas do Concello de Boiro. Neste acto estiveron o Alcalde, Xosé Deira e a concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó. A saída estivo organizada por Daniel Ríos, que xuntou a un grupo de 50 afeccionados

  • Rutas cicloturisticas do Concello de Boiro.pdf
  • 16-08-10 09:03
  • Visita da Presidenta da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio
  • Centro Arqueolóxico do Barbanza
  • HOXE LUNS, DÍA 16 DE AGOSTO, ÁS 11.00 HORAS, a Presidenta da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico da Deputación da Coruña, Dona Caridad González Cerviño,  realizará unha visita ao Centro Arqueolóxico do Barbanza e ás excavacións que se están a desenvolver nos castros de Neixón. A Deputada Provincial estará acompañada polo Alcalde, D. Xosé Deira Triñanes, o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, e o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro Lorenzo.

  • 12-08-10 13:57
  • Concurso fotográfico: Os habitantes de praia
  • Organizan: Departamentos de Turismo e Medio ambiente de Boiro
  • Boiro, 05 de agosto de 2010.  As concellerías de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Boiro celebran esta fin de semana (14 e 15 agosto) o 4ª concurso de fotografía “os habitantes da praia” na praia de Barraña (ao carón das pistas deportivas). Calquera persoa interesada, sexa profesional o afeccionada pode participar.
    + info: Oficina de Turismo no 981842654 ou turismo@boiro.org

  • Concurso fotografico Veran 2010.pdf
  • 11-08-10 14:09
  • Programas: Xuventude no mundo
  • Mobilidade europea da Xunta de Galicia
  • A Concelleria de Xuventude do Concello de Boiro informa de que dende o día 11 de Agosto ata 20 de Agosto, estará aberto o prazo para inscribirse nos programas de mobilidade europea da xunta, que permiten a mozos/as de 18 a 30 realizar intercambios de unha semana con outros xóvenes por diferentes rexións europeas(Grecia, Italia,Portugal, Francia, Bulgaria..). En total haberá 119 prazas.
    Para poder participar debese cubrir un formulario no seguinte enlace http://xuventude.xunta.es/programas-eu.html e abonar a cuotacorrespondente a cada programa.Adxunto tedes o documento onde se explica a temática e custe de cada programa de intercambio.Para mais información  www.xuventude.net ou na OMIX do Concello(Centro Social de Boiro)

  • 05-08-10 13:45
  • Pistas polideportivas ao aire libre
  • Inauguración
  • O vindeiro sábado 7 de agosto de 2010, inauguraranse as pistias polideportivas ao aire libre na Avenida da Constitución.

  • 05-08-10 11:39
  • IX Exaltación do Mexillón de Galicia
  • Presentación no Restaurante Miramar (Rebordelo)
  • MAÑÁ VENRES, DÍA 6 DE AGOSTO, ÁS 19.30 HORAS NO RESTAURANTE MIRAMAR (Rebordelo),  terá lugar a presentación da “IX Exaltación do Mexillón de Galicia”, que se celebrará os días 21 e 22 de agosto en Cabo de Cruz, e da XX edición da “Bandeira de Traíñas Concello de Boiro”, que se disputará o 22 de agosto en augas crucenses. O acto estará presidido polo Alcalde, D. Xosé Deira Triñanes, e contará coa asistencia de directivos das agrupacións mexilloeiras que participan na organización da festa gastronómica e do Club de Remo Cabo de Cruz.

  • 04-08-10 13:20
  • XXXII Edición da Romaría de Neixón
  • 8 de agosto de 2010
  • Boiro, 4 de agosto de 2010. A comisión de festas de Neixón organizou para este domingo, día 8 de agosto, as seguintes actividades con motivo da tradicional Romaría de Neixón, que este ano chega á súa XXXII edición.

  • Programacion da XXXII Romaria de Neixon.pdf
  • 04-08-10 13:11
  • Espectáculo: Circo, Caixanova na rúa
  • Fima de convenio de colaboración
  • HOXE MÉRCORES, DÍA 4 DE AGOSTO, ÁS 10.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e o director de zona de Caixanova, Gerardo Fuentes Allende, procederán á sinatura dun convenio de colaboración para a celebración en Boiro do espectáculo “Circo, Caixanova na rúa”, que integra xogos malabares, aéreos e clown, que terá lugar o sábado, 21 de agosto, ás 21.30 horas na rúa peonil

  • CONVENIO CAIXANOVA.pdf
  • 03-08-10 13:39
  • Contratación de auxiliar administrativo
  • Oficina de Consumo (OMIC) de Boiro
  • VISTA a necesidade de contratar a unha persoa que atenda a OMIC ata a reincorporación da titular da praza,e como máximo por un periodo de dous anos

  • Bases de contratacion OMIC.pdf
  • 03-08-10 11:09
  • El Sáhara no está tan lejos
  • Exposición de AGARESO no Centro Social de Boiro
  • La exposición que estará en el Centro Social hasta finales de Agosto consta de fotografías realizadas por el equipo de periodistas de la asociación Agareso, el cual siguió la estancia de dos de estos niños en Sanxenxo durante el verano de 2008 y los acompañó en su regreso a casa.

  • Exposicion Agareso.pdf
  • Mostra de fotos.pdf
  • 02-08-10 13:03
  • Entrega dunha maqueta de Galeón
  • Deseñando por Santos Sieira Rodríguez
  • 02-08-10 12:52
  • Conferencia: Xestión do patrimonio arqueolóxico
  • Centro Arqueolóxico do Barbanza
  • MAÑÁ MARTES, DÍA 3 DE AGOSTO, ÁS 20.00 HORAS NO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO BARBANZA, terá lugar unha conferencia de Rafael Penedo Romero, arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, sobre a xestión do patrimonio arqueolóxico desde o punto de vista da Administración. Lémbrovos, ademais, que hoxe luns comezaron as excavacións nos castros, da man dun grupo de 25 persoas integrado por estudiantes e voluntarios.

Especiais
Taboeiro