Principal » Novas
  • 13-07-10 18:23
  • Campaña: Ponlle o Chip
  • Presentación na Casa Consistorial
  • MARTES, DÍA 13 DE XULLO ÁS 12.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, acompañado da técnica municipal de Medio Ambiente, do responsable do Grumir e dos xerentes de “Hospital Veterinario Ramiro Tubío” e de “Centro Veterinario Barbanza”, presentarán a campaña “Ponlle o chip”, que se porá en marcha para promover entre os propietarios de cans a colocación de chips identificativos ás súas mascotas.

  • Ponlle o chip.pdf
  • 13-07-10 00:19
  • XVIII Volta Ciclista ao Barbanza
  • Presentación na Casa Consistorial
  • MARTES, DÍA 13 DE XULLO, ÁS 20.30 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (salón de plenos),  terá lugar a presentación da 18 Volta Ciclista ao Barbanza, 10º Memorial Luís Resúa, puntuable para la “Copa de España del Porvenir”. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares; o Presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro, e o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, ademais de corredores e patrocinadores.

  • 09-07-10 19:56
  • Patrullas medioambientais
  • Praias de Boiro
  • Concello de Boiro porá en marcha un verán máis a patrulla medioambiental nas praias do municipio. Os nenos de entre 6 e 14 anos que desexen formar parte desta iniciativa poden inscribirse antes do 19 de xullo.  

  • PATRULLA MEDIOAMBIENTAL.pdf
  • 07-07-10 19:31
  • Izado de bandeiras azuis e Q de calidade
  • Praias de Boiro
  • O Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Turismo, Francisca Suárez Lijó, acompañados doutros membros do goberno, realizarán mañá xoves, día 8 de xullo, ás 13.00 horas na praia de Mañóns, o acto de izado das bandeiras azuis e “Q” de calidade

  • Izado de bandeiras Azuis.pdf
  • 30-06-10 12:59
  • Homenaxe á Juan J. Fajardo Piñeiro
  • Polo seu patrocinio e apoio ao ciclismo
  • MAÑÁ XOVES, DÍA 1 DE XULLO ÁS 21.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (salón de plenos), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, presidirá un acto de homenaxe que a Federación Galega de Ciclismo, que preside Sabino Cortizo Sóñora, realizará, xunto co Club Ciclista Barbanza, ao empresario boirense Juan José Fajardo Piñeiro (JJ Chicolino) en agradecemento ao seu patrocinio e apoio ao ciclismo. No acto, o camión galego absoluto, o boirense José Arturo Piñeiro Rey, entregaralle o maillot de campión. Ao acto asistirá tamén a concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, e outros membros da corporación.

  • 30-06-10 11:01
  • Cambio na localización das atraccións
  • Festas de Boiro 2010
  • As Festas do Verán 2010 estrean novo emprazamento, co obxectivo de desconxestionar o tráfico no casco urbano durante as celebracións e dar máis comodidade tanto aos veciños como aos propios empresarios das atraccións de feira...

  • Cambio de localizacion nas atraccions.pdf
  • 30-06-10 11:00
  • XXXVI Certame Nacional Galego de Narracións Breves
  • Modesto R. Figueiredo
  • Bases.pdf
  • 30-06-10 10:44
  • Curso de Lingua Galega
  • Preparatorio para obter CELGA 3
  • Data de comenzo: 29/09/2010. Horario: de 20:30 a 22:30h. O prazo de inscrición nas probas para a convocatoria de novembro rematará o 8 de outubro. Información e inscrición na Casa da Cultura de Boiro: Telf. 981848425

  • 24-06-10 14:18
  • Sabe o que é a Europa Social?
  • Comisión Europea
  • SABE O   QUE A EUROPA SOCIAL PODE FACER POR VOSTEDE?
    Esta é a pregunta central dunha campaña lanzada pola Comisión Europea co obxectivo de dar a coñecer o traballo realizado pola Unión Europea (UE) na área do emprego e dos asuntos sociais. Tras o éxito da súa presentación en 45 cidades europeas, a campaña visita Galicia.
    O evento terá lugar na cidade de Santiago de Compostela, no paseo central da Alameda, os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2010 e contará coa organización de seminarios, coloquios, debates, maxia, arte, música e información…

  • A Europa Social.pdf
Especiais
Taboeiro