Principal » Novas
  • 22-06-10 12:29
  • Obradoiro de emprego: Viveiro de empresas
  • Clausura
  • O VENRES, DÍA 25 DE XUÑO, ÁS 13.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO (1º andar), celebrarase o acto de clausura do Obradoiro de Emprego “Viveiro de Empresas”, por parte do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, e Concelleira de Emprego, Dores Torrado, quenes procederán á entrega dos diplomas aos alumnos participantes.

  • 22-06-10 12:28
  • Obras na parroquia de Macenda
  • Inauguración
  • O XOVES, DÍA 24 DE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS NA PRAZA DE MOIMENTA (parroquia de Macenda), terá lugar a inauguración das obras realizadas neste núcleo rural

  • 22-06-10 12:27
  • Novas pistas deportivas de Barraña
  • Rolda de prensa
  • MAÑÁ MÉRCORES, DÍA 23 DE XUÑO, ÁS 11.30 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares ofrecerán unha rolda de prensa para dar detalles sobre a construción das novas pistas deportivas de Barraña, distribución de usos, características, etc

  • 17-06-10 12:26
  • Curso de Axente comercial (AFD)
  • Prazas libres
  • Hai prazas libres para este curso. Para formalizar as solicitudes poñerse en contacto co departamento de emprego do Concello de Boiro: 981842609; 981849960; emprego@boiro.org

  • 17-06-10 12:05
  • Festas do verán 2010
  • Presentación da revista Folía
  • MAÑÁ VENRES, DÍA 18 DE XUÑO, ÁS 21.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL (1º andar), terá lugar a presentación da revista das Festas do Verán 2010 “Folía”, coa asistencia do Alcalde, Xosé Deira Triñanes, o Concelleiro de Festexos, Xerardo Piñeiro Lorenzo, membros da comisión de festas, técnicos municipais e colaboradores. Nela desgranarase o programa destes festexos.

  • 17-06-10 12:04
  • Aula de educación de adultos
  • Clausura
  • MAÑÁ VENRES, DÍA 18 DE XUÑO, ÁS 19.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO (1º andar), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, acompañada da Concelleira de Servizos Sociais, Natalia Laíño Lojo, clausurará o curso da Aula de Educación de Adultos, acto ao que asistirán tódolos participantes nesta edición.

  • 16-06-10 14:28
  • Acondicionamento de Moimenta
  • Inauguración
  • O Concello de Boiro e os veciños inaugurarán o vindeiro xoves día 24 de xuño, San Xoán, as obras de acondicionamento realizadas no lugar de Moimenta, na parroquia de San Xoán de Macenda. O acto, presidido polo Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, comezará ás 21.00 horas, e está convidada a corporación municipal e os veciños que desexen asistir

  • Inauguracion do acondicionamento de Moimenta.pdf
  • 15-06-10 13:38
  • Día das peñas
  • Concello de Boiro
  • Para todos aqueles que ainda lle quede curiosidade ou queiran pasalo ben e montar unha peña para o día das festas ata o día 15 de Xuño aínda poden anotarse no Centro Social de Boiro ou no teléfono 620970072

  • Dia das penhas.pdf
  • 15-06-10 11:59
  • Curso de Monitor Sociocultural para desempregados
  • Consellería de Traballo e Benestar
  • Lugar: Centro Social de Boiro
    Comenzo: xullo de 2010
    Información: emprego@boiro.org / 981842609 / 981849960

  • Curso Monitor Sociocultural para desempregados.pdf
  • 15-06-10 09:21
  • Novelas da memora de John Thomson
  • Presentación no Centro Social de Boiro o 15 de xuño de 2010
  • Conferenciantes: Xan Hermida, Xosé Deira, Carlos Callón, Alberto Piñeiro e John Thomson

  • 14-06-10 12:30
  • Cheque infantil 2010
  • Servizos Sociais do Concello de Boiro
  • Convocatoria de axudas económicas para a atención de nenos/as de 0 a 3 anos en escolas infantís non sostidas con fondos públicos mediante o programa de cheque infantil

  • Cheque infantil 2010.pdf
  • 14-06-10 10:50
  • Talleres de memoria da Cruz Vermella
  • Clausura
  • O vindeiro martes 15 de xuño ás 11:30h., terá lugar a Clausura dos Talleres de Memoria de Cruz Vermella na aula 1 do Centro Social de Boiro.

  • Clausura Talleres 2009-2010.pdf
  • 11-06-10 14:26
  • Curso de Axente comercial para desempregados
  • Casa da Cultura Ramón Martínez López
  • O Departamento de Emprego do Concello de Boiro iniciará este luns , 14 de xuño de 2010, na Casa da Cultura Ramón Martínez López, Parque da Cachada de Boiro, o curso de Axente Comercial, pertencente ás Accións Formativas para Desempregados 2010 (AFD) da Consellería de Traballo e Benestar

  • Curso de axente comercial para desempregados.pdf
  • 11-06-10 09:08
  • Bandeiras Q de Calidade Turística para Boiro
  • Recollida
  • O Alcalde de Boiro recolleu o luns en Madrid as Bandeiras “Q” de Calidade Turística concedidas aos areais do municipio

  • Bandeiras Q de Calidade Turistica.pdf
Especiais
Taboeiro