MAÑÁ SÁBADO, DÍA 27 DE MARZO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA DE CULTURA DE BOIRO, o Alcalde, Xosé Deira Triñanes, asistirá ao acto institucional de Cruz Vermella de Boiro, no que a entidade presentará o seu balance anual.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro vai por en marcha un programa baixo o nome “ Xantar na Casa”. Un complemento do servizo de axuda no fogar que pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada adaptada ás necesidades de persoas maiores e/ou dependentes, con déficits de autonomía persoal, para cubrir as súas necesidades básicas relacionadas coa compra ou elaboración de menús
SÁBADO DÍA 4 DE OUTONO DE 2008 ÁS 10:00 HORAS NA SALA DE ACTOS DO CENTRO SOCIAL DE BOIRO, o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes asistirá a inauguración do curso de “Enriquecemento Emocional (Risoterapia)”.Este proxecto está subvencionado polo Concello de Boiro, e lévase a cabo a través de Cruz Vermella en Boiro. O obxectivo desde programa é dotar ás participantes das estratexias e habilidades necesarias para incorporar a intelixencia emocional á actividade profesional e persoal, mellorando así as relacións persoais, a afectividade e o rendemento, para que as situacións potencialmente estresantes se vexan como un reto e non como un problema.
27-09-08 10:48
Bus universitario para o curso 2008 - 2009
Centro Social de Boiro
Dende o día 24 de Setembro e ata o 23 de Novembro os/as alumnos/as que desexen disfrutar da axuda de transporte universitario poderan informarse dos requisitos necesarios no Centro Social de Boiro. Estas axudas cubrirán o servizo de transporte para aqueles estudiantes do Concello de Boiro, que cursen estudos nalgunhas das tres universidades publicas ou titulacións que non se poidan estudar no Concello de Boiro. Para poder disfrutar desta axuda no mes de Outubro é necesario tramitar a documentación solicitada antes do día 5 de Outubro.
A Asemblea local de Boiro está levando a cabo actualmente unha Campaña de Captación de Socios. Ti tamén podes ser socio da Cruz Vermella e sumarte ás mais de 600.000 persoas que xa o son e aos 140.000 voluntarios que grazas á túa axuda atenden a 3.500.000 persoas cada ano. Precisamos a túa colaboración. Ponte en contacto connosco.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria de axudas destinadas a persoas maiores e discapacitadas para facilitarlle a autonomía persoal e accesibilidade:
Mañá xoves día 25 de xuño ás 11:00h terá lugar a innauguración da cúpula inchable de R que se instala na praza de Galicia. Asistirá o alcalde D. Xosé Deira Triñanes e a concelleira Dores Torrado
O vindeiro 2 de xuño de 2008 ás 20:30h. na Casa da Cultura Ramón Martínez López, terá lugar unha charla coloquio organizada pola Plataforma Galega de Afectados pola Supresión da Tarifa Nocturna.
Uns 2.380 fogares e empresas de Boiro disporán de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R
Entrega de diplomas Curso " A comunicación con enfermos de Alzheimer"
Martes 29 de abril no Centro Social de Boiro ás 19:30h
Terá lugaro acto de entrega de diplomas aos 20 participantes no curso “A comunicación con enfermos de Alzhéimer”, impartido pola Concellería de Servizos Sociais en colaboración con Agadea. Ao acto asistirá a concelleira de Servizos Sociais, Natalia Laíño.
30-07-07 11:34
Axudas non periódicas
Servizos sociais do Concello de Boiro
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria de subvencións dirixida a persoas maiores e discapacitadas para facilitar a súa autonomía persoal e accesibilidade. Serán beneficiarias destas axudas as persoas maiores de 65 anos que acrediten a necesidade dunha axuda que non estea incluída no ámbito doutras liñas de protección social ou sanitaria, e persoas con discapacidade menores de 65 anos.
O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da apertura de prazo para a presentación de solicitudes de axudas económicas para a atención da primeira infancia a través do cheque infantil en escolas infantís de 0-3 anos non sostidas con fondos públicos.
O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar aproba as bases xerais para a seleción do persoal do Centro de Día de Boiro. Para consultar as mesmas podedes acudir ó departamento de emprego, no segundo andar do Concello de Boiro ou na web: www.igualdadebenestar.org