Principal » Noticias
  • 30-12-09 11:16
  • Becas e subvencións ao deporte
  • Concello de Boiro
  • Relación de clubes e deportistas que recibirán as subvencións ao deporte e as becas, respectivamente, correspondentes a este ano 2009 e que se entregarán HOXE, ÁS 20.00 HORAS, NO SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO DE BOIRO

  • Becas e subvencions ao deporte.pdf
  • 28-12-09 07:31
  • Contratación de persoal temporal
  • Cuadrilla municipal se servizos varios do Concello de Boiro
  •  

  • Cuadrillas 2010.pdf
  • 18-12-09 07:30
  • Contratación dun Animador Sociocultural
  • Puntuación
  • Publicación da puntuación final da fase de concurso de méritos para a contratación dun/dunha animador/a sociocultural a media xornada durante un ano e convocatoria de entrevista.

  • Anuncio animador.pdf
  • 14-12-09 08:27
  • AULA MENTOR
  • Formación accesible a través de internet
  • MAÑÁ MARTES, DÍA 15 DE DECEMBRO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA DE CULTURA “RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ”, terá lugar a presentación da Aula Mentor, unha iniciativa que se desenvolverá por primeira vez en Boiro e que promove a formación accesible para todos a través de Internet. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o Subdirector Xeral de Ensinanzas en Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente da Consellería de Educación, Juan Durán Alonso; o Concelleiro de Educación, Mariano Muñiz, e a directora do IES San Clemente de Santiago, Carmen Viñas Álvarez.

  • Aula Mentor.pdf
  • 11-12-09 08:57
  • Inauguración do Belén
  • Praza de Galicia
  • Comunícovos que HOXE VENRES, DÍA 11 DE DECEMBRO, ÁS 19.30 HORAS, terá lugar a apertura do Belén instalado na Praza do Concello de Boiro. Asistirán representantes municipais e o párroco de Santa Baia, D. Francisco Carou Blanco.

  • 10-12-09 11:19
  • Apagado do alumeado de Nadal na rúa Principal
  • En solidaridade coa activista saharaui Aminetu Haidar
  • HOXE XOVES DÍA 10 DE DECEMBRO, DE 20.00 A 20.25 HORAS, o Concello de Boiro apagará o alumeado de Nadal na rúa Principal e rúas Francisco del Río Romero e Norberto Pijúan, en solidariedade coa activista saharaui Aminetu Haidar. Esta iniciativa responde á colaboración solicitada pola asociación “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui”, que propuxo apagar o alumeado de Nadal durante 25 minutos, que son os días que leva a activista en folga de fame, no día de hoxe, a fin de “demandar unha solución xusta, que é a de voltar á casa coa súa familia”.

  • 10-12-09 11:16
  • V Carreira Popular Mar de Boiro
  • III Memorial Pepe Buceta
  • MAÑÁ VENRES, DÍA 11 DE DECEMBRO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL DE BOIRO (sala de xuntas), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñánes, e a Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, acompañados por técnicos municipais e patrocinadores, presentarán a V Carreira Popular Mar de Boiro – 3º Memorial Pepe Buceta, que se desenvolverá no municipio o domingo día 20 de decembro.

  • Bases Mar de Boiro 2009.pdf
  • 10-12-09 08:27
  • VI Exposición da Camelia Sasanqua e outras
  • Casa da Cultura de Boiro
  • HOXE, ÁS 13.30 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), terá lugar a presentación da “VI Exposición da Camelia Sasanqua e outras”, que se celebrará na Casa de Cultura o 12 e 13 de decembro. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira; o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, e a representante da organización Ana Isabel Calo Torrado.

  • Expo Camelia 2009.pdf
  • 04-12-09 07:30
  • Puntuacións provisionais - Animador sociocultural
  • Concello de Boiro
  • Procédese á publicación da puntuación inicial do devandito proceso selectivo, indicando que os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamacións ante o propio tribunal ata o 17/12/2009.

  • Puntuacion animador.pdf
  • 02-12-09 08:27
  • Memoria de muller
  • Centro Social de Macenda
  • Estase a levar a cabo a iniciativa memoria no concello de Boiro como xa se fixera no 2008 http://memoriademuller.eu/proxecto/boiro/, esta iniciativa dirixese a mulleres maiores de 55 anos onde con fotos antigas e a súa voz vaise realizar unha videomontaxe feita polas mulleres, que sera presentada ao publico a finais de ano. Estase a realizar no centro social de maceda, con mulleres de maceda e de cures, un total de 6 participantes, en horario de mañan dee luns a venres.

  • 01-12-09 08:57
  • Rolda de prensa sobre a TDT
  • Casa consistorial do Concello de Boiro
  • MAÑÁ MÉRCORES, DÍA 2 DE DECEMBRO, ÁS 13.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), terá lugar unha rolda de prensa para falar das xestións realizadas polo goberno boirense para a adaptación dos repetidores á Televisión Dixital Terrestre (TDT)

  • 01-12-09 08:27
  • BoiroParty
  • I encontro informático da comarca do Barbanza
  • Dias: 5, 6 e 7 de decembro de 2009
    Sábado 13:00h Xornada de Portas Abertas
    Domingo 13:00h Xornadas de mellora dos equipos informáticos. Gratuita.
    Luns 19:00h Xornadas de Fotografía Dixital. Gratuita

  • 01-12-09 08:23
  • Programa de educación para adultos
  • Presentación
  • HOXE MARTES, DÍA 1 DE DECEMBRO, ÁS 13.00 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE BOIRO, terá lugar a presentación do Programa de Educación de Adultos que se desenvolve no Concello de Boiro, e que contará coa asistencia do Alcalde, Xosé Deira; o Concelleiro de Educación, Mariano Muñiz; Cultura, Xerardo Piñeiro, e Servizos Sociais, Natalia Laíño.

  • 30-11-09 08:56
  • Colabora ca web muncipal de Boiro
  • Todos aqueles que lles interese participar na web municipal de Boiro, pode facelo enviándonos: fotos, videos, novas, historias,  ou música que represente ao noso concello. Por suposto que poremos o voso "copyraight". Tamén podedes solicitarnos a posibilidade de engadir unha ligazón á vosa web, preferentemente que estea relacionada con Boiro. Forma de contacto: correo@boiro.org

  • 27-11-09 07:30
  • Día mundial da Loita contra o SIDA
  • Cruz Vermella de Boiro
  • Cruz Vermella Xuventude en Boiro celebra a campaña nacional ‘Infórmate… pola túa seguridade”, con motivo do Día Mundial da Loita contra a SIDA.

  • Campana sobre o sida.pdf
Especiales
Tablón de anuncios