Principal » Noticias
  • 21-12-11 11:23
  • Resultados nas categorías dos rapaces
  • VII Carreira Popular Mar de Arousa: Memorial Pepe Buceta
  • Adxuntamos as clasificacións das categorías benxamín, alevín e infantil, tanto masculino como feminino despois de celebrarse a VII Carreira popular Mar de Arousa

  • Resultados das categorias dos rapaces.pdf
  • 21-12-11 07:35
  • Este inverno presume de praceir@
  • 1º sorteo da 2ª edición desta campaña
  • O vindeiro venres 23 decembro as 10:00 h. celebrarase o primeiro sorteo da 2ª edición da campaña “Este inverno presume de praceiro/a”, que se está a levar a cabo no Mercado Municipal. É imprescindible que os gañadores estén físicamente no mercado para poder optar ó premio.

  • 20-12-11 11:20
  • Concentración parcelaria de Cures - Boiro
  • Orde da enquisa ao proxecto da zona
  • Pónse en coñecemento dos interesados que tódolos cambios de titularidade que se presenten con posterioridade ao día 31 de marzo de 2012 non serán tidos e conta no proceso concentrador. (+ info. no documento adxunto)

  • Orde da enquisa ao proxecto da parcelaria.pdf
  • 19-12-11 12:36
  • Papá Noel en Boiro
  • Venres 23 de decembro de 2011
  • O vindeiro venres día 23 Papá Noel visitará o Concello de Boiro para quitarse fotos e repartir caramelos cos nenos de Boiro.Recibidor do Concello de 12 a 14 horas.

  • 19-12-11 11:23
  • VII Carreira Mar de Arousa
  • 5º Memorial Pepe Buceta
  • Onte domingo celebramos a VII CARREIRA MAR DE BOIRO - 5º MEMORAL PEPE BUCETA, o Conselleiros Alfonso Rueda e Agustín Hernández ademáis de participar na carreira sumáronse a esta homenaxe.

  • Resultados da VII Carreira Mar de Arousa.zip
  • 19-12-11 09:22
  • Festival de Nadal 2011
  • Organizado pola Cruz Vermella de Boiro
  • No Centro Social de Boiro (local Leña Verde), o mércores 21 de decembro a partir das 17:30h. aproximadamente, terá lugar o Festival Nadal 2011, cos seguintes participantes: Talleres de Entrenamento da Memoria para persoas maiores e Apoio Escolar e Educativo (da Asemblea Local de Cruz Vermella en Boiro), Clases de Baile do Centro Social (Concello de Boiro)

  • Festival Nadal 2011.pdf
  • 16-12-11 09:22
  • Novos cursos no CeMIT de Boiro
  • Primeiro trimestre de 2012
  • Programación de cursos de novas tecnoloxías na aula do CeMIT que se atopa no Centro Social de Boiro.

  • Listaxe Cursos primeiro trimestre 2012.pdf
  • 16-12-11 07:35
  • Proceso de selección de persoal laboral temporal
  • Peóns de servizos varios
  • O Concello de Boiro convoca proceso de selección para a confección dunha lista para a cobertura temporal de prazas de peóns de servicios varios. A presentación de solicitudes realizarase no Rexistro Xeral do Concello de Boiro ata as 13:30 h. do 28/12/2011. (As bases desta convocatoria están a disposición dos interesados na Portería da Casa Consistorial ou aquí)

  • Bases peons.pdf
  • 15-12-11 07:35
  • Oservatorio económico
  • Antena de Boiro da Cámara de Comercio de Santiago
  • Xuntanza desta maña dos membros do Observatorio Económico convocados pola Antena Local de Boiro da Cámara de Comercio.

  • 15-12-11 07:35
  • Anuncio de cobranza
  • Oficina de recadación do Concello de Boiro
  • O 20 de decembro de 2011 remata o prazo de ingresos voluntarios das exaccións á cobranza.

  • Anuncio de cobranza.pdf
  • 12-12-11 12:27
  • Festas de Santa Baia 2011
  • Días 10, 11, 12 e 13 de decembro de 2011
  • O martes día 13 (festivo local en Boiro) a partires das 21:00 horas está prevista a actuación de dous grupos musicais na Praza do Concello, organizado pola Comisión de Festas e coa colaboración co Centro Social de Boiro, no transcurso da mesma realizarase un sorteo para recaudar fondos destinados axudar a Paula.

  • Programa das Festas Santa Baia 2011.pdf
  • 12-12-11 11:20
  • Concentración parcelaria Cures - Boiro
  • Reunión informativa
  • Reunión informativa sobre o Proxecto de concentración parcelaria de Cures - Boiro para os días 20, 21 e 22 de decembro de 2011

  • Concentracion parcelaria Cures Boiro.pdf
  • 12-12-11 09:21
  • Concerto Banda de música de Boiro
  • Na Igrexa parroquial de Santa Baia
  • Concerto da Banda Municipal de Música de Boiro o próximo domingo día 18 as 19 horas na Igrexa Parroquial de Santa Baia.

Especiales
Tablón de anuncios