Principal » Novas
  • 14-06-11 10:22
  • Fogueiras de San Xoán 2011
  • Bando municipal
  • Xa están aquí as fogueiras de San Xoán. Para poder organizar unha hai que facer unha solicitude por escrito neste concello. Podedes descargar o bando e o formulario de solicitude aquí mesmo.

  • BANDO FOGUEIRAS.pdf
  • Solicitudes fogueiras 2011.pdf
  • 08-06-11 11:01
  • Bandeiras Q de calidade
  • Praias de Carragueiros, Mañóns e Retorta
  • O Alcalde de Boiro recolleu esta semana en Madrid de mans do Ministro de Industria, Energía e Turismo, José Manuel Soria as tres bandeiras “Q” de calidade turística otorgadas as praias boirenses de Carragueiros, Mañons e Retorta. Neste acto presidido polo Ministro estiveron tamén a Secretaria de Estado para o Turismo, Isabel Borrego e o Presidente do ICTE, Miguel Mirones.

  • 31-05-11 11:52
  • Entrega de bandeiras Q de Calidade
  • O Concello de Boiro obtén 3 galardóns
  • O Alcalde do Concello de Boiro, Xosé Deira Triñanes asistiu a entrega das bandeiras Q de calidade onde o Concello de Boiro obtivo o distintivo para as praias de A Retorta, Carragueiros e Mañóns

  • 05-05-11 11:41
  • Visita ao Pazo de Goiáns
  • Investigadores da Universidade de S. C.
  • O grupo de investigación de análise territorial da Universidade de Santiago de Compostela, coordinado por Rubén Lois (catedrático da USC e anterior director xeral de turismo da Xunta de Galicia) visitará este venres ás 12:30h. a finca e o pazo de Goiáns.

  • Visita ao Pazo de Goians USC.pdf
  • 13-04-11 11:38
  • Campaña turística de Semana Santa 2011
  • Departamento de turismo do Concello de Boiro
  • O Concello de Boiro organiza visitas guiadas gratuítas ao Pazo de Goiáns nas vindeiras vacacións de Semana Santa

  • Campanha turistica Semana Santa 2011.pdf
  • 07-04-11 11:32
  • Campus Vivencial Turístico: Proxecto Eca-it
  • Venres, 8 de abril, ás 10:00 horas no Centro Social de Boiro
  • Terá lugar a apertura do “Campus Vivencial Turístico: Proxecto Eca-it”, organizado por Turgalicia e coa colaboración da Mancomunidade Arousa Norte e o Concello de Boiro. O Presidente da Mancomunidade e Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, participará neste acto de apertura. Achego programa no documento adxunto, no que destaca un “laboratorio de ideas” sobre o plan de usos do pazo de finca de Goiáns, así como unha visita ao mesmo.

  • 31-03-11 11:37
  • Apadriña unha árbore
  • Xoves, día 31 de marzo, ás 11:30 horas no paseo marítimo Praia Xardín
  • NO PASEO MARÍTIMO DE PRAIA XARDÍN (zona Saltiño, ao lado da pasarela),  terá lugar unha nova prantación de árbores dentro do programa “Apadriña unha árbore” que leva a cabo a Concellería do Medio Rural en colaboración coa de Medio Ambiente e o colectivo Boiroverde. Asistirá o Alcalde, Xoán León Vidal, máis as sete parellas proxenitoras dos nenos que apadriñarán cada unha destas árbores.

  • 28-03-11 11:31
  • Ruta de árbores singulares
  • Departamento de medioambiente do Concello de Borio
  • A Concellalía de Medio Ambiente e a de Medio Rural xunto co colectivo Boiroverde organiza unha ruta o sábado 2 de abril para visitar algún dos árbores singulares propostos a través da participación veciñal e que forman parte da exposición fotográfica que se pode visitar no Centro Social ata o 31 de marzo.

  • Ruta arbores singulares.pdf
  • 23-03-11 11:37
  • Visita aos muiños de Ponte Goiáns
  • Alumnos do CEIP de Artes (Ribeira)
  • MAÑÁ XOVES, DÍA 24 DE MARZO, visitarán os muíños de Ponte Goiáns un grupo de alumnos do CEIP de Artes (Ribeira). A visita será ás 12.00 da mañá e estará guiada por monitores da empresa Xarelo Actividades. Tamén participará Rosa Saavedra, do programa boirense “Paséate con nós”.  Por outra banda, desde o Departamento de Turismo do Concello de Boiro lémbrase que calquera colexio que desexe facer unha visita a este espazo, pode contactar coa Oficina de Turismo do Concello de Boiro.

Especiais
Taboeiro