Principal » Novas
  • 31-07-13 10:11
  • Ruta de sendeirismo
  • Venres, 2 de agosto ás 21:00 h.
  • A ruta que organiza esta semana a concellería de Turismo de Boiro pasará por Avda. de Barraña – A Pedreira – Brión – San Martiño – Vista Alegre e Aducil, Trátase dun percorrido de 8 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia. A ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654 Oficina de Turismo. Praza de Galicia, s/n.

  • 30-07-13 10:07
  • BOIROPATINA
  • Domingo, 4 de agosto ás 11:00 h.
  • A concellería de Turismo organiza o domingo 4 de agosto unha marcha sobre rodas. En Boiropatina poderás participar en patíns, patinete ou monopatín. A marcha ten un percorrido de 5 km. aproximadamente, saíra da praza Boqueira de A Negral e continuará polo paseo marítimo de Barraña. Ao final da marcha, haberá xogos en gincanas. Apúntate xa! Podes facelo na Oficina de Turismo, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654.

  • 24-07-13 10:04
  • Sendeirismo por Boiro
  • Venres, 26 de xullo ás 21:00h.
  • A ruta que organiza esta semana a concellería de Turismo de Boiro pasará por Camiño Real, Boiro de Arriba, Espiñeira, Polígono Industrial, Sandrenzo, Belles, Louriño, Treites, e Valmaior.Trátase dun percorrido de 8 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia.A ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654. Oficina de Turismo. Praza de Galicia, s/n.

  • Roteiros do veran.pdf
  • 17-07-13 09:41
  • Procesión da Virxen do Carme 2013
  • Cabo da Cruz
  • 17-07-13 09:41
  • Ruta de sendeirismo por Boiro
  • Venres 19 de xullo ás 21:00 h.
  • A concellería de Turismo, organiza este venres ás 21.00 unha nova ruta de sendeirismo. Trátase dun percorrido de 8 km e duración estimada de 2 horas e media, que ten o punto de partida na Praza de Galicia. A ruta pasará por A Boliña, Rexidor, Trebonzos, petróglifos de Agüeiros, Cruceiro de Castelao, San Martiño e Vista Alegre; poderemos gozar dunhas espectaculares panorámicas nocturnas do rueiro de Boiro. A ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654

  • 10-07-13 09:39
  • Sendeirismo nocturno en Boiro
  • Venres 12 de xullo ás 21:00 h.
  • Pode consultar as diversas actividades na axenda cultural na páxina web do Concello www.boiro.org, ou ben solicitar información ao departamento cultura@boiro.org, gracias. Esta é a primeira das oito rutas que a concellería de Turismo ten programadas para este verán 2013, xa que o programa conta cunha ruta semanal. A ruta ten unha cota de inscrición de 2.50 euros. Poden anotarse na Oficina de Turismo de Boiro, no mail turismo@boiro.org ou no teléfono 981842654

  • Roteiros do veran.pdf
  • 01-07-13 09:36
  • I Xuntanza de Clásicos
  • Porto Náutico Boiro Marina de Cabo de Cruz
  • Este fin de semana celebrouse no náutico Boiro Marina de Cabo de Cruz a “I Xuntanza de Clásicos”, o Alcalde e Concelleiro de Deportes fixeron entrega dos trofeos os gañadores desta etapa.

  • 01-07-13 09:36
  • Izado da Bandeira Q de calidade
  • Porto Náutico Boiro Marina de Cabo de Cruz
  • No Porto Náutico Boiro Marina de Cabo de Cruz xa ondean as Bandeiras Azul e “Q” Calidade Turística dende o pasado sábado, acto presidido polo Presidente de Portos D. José Juan Durán e a Directora de Turgalicia Dna. Carmen Pita.

  • 01-07-13 09:36
  • Festa do Santísimo Sacramento 2013
  • Fotografías das alfombras florais realizadas polos veciños
  • Galería de fotografías

  • 21-06-13 09:16
  • Programación Festas de Boiro 2013
  • Presentación
  • Onte pola tarde tivo lugar no Centro Social de Boiro a presentación do programa das Festas Boiro 2013 a cargo do Alcalde, Concelleiro de Festexos Nolo Romero, membros da Comisión Organizadora e representantes do Grupo de Baile Aroña, que este ano coincidindo co seu XXV aniversario serán os protagonistas homenaxeados e encargados de leer o pregón no inicio da festa.

  • 12-06-13 09:16
  • VI Entrega oficial “Q” Calidade Turistica
  • En Madrid
  • Boiro é o municipio do Barbanza que ten todas as súas praias con Bandeira Azul e tres con “Q” de Calidade Turística

  • VI Entrega Oficial Q Calidade Turistica.pdf
Especiais
Taboeiro