Principal » Novas
  • 17-02-10 12:51
  • Roldas de prensa
  • Casa consistorial do Concello de Boiro
  • Logo da xuntanza mantida esta mañá entre o goberno de Boiro e os técnicos de Augas de Galicia a causa da paralización das obras de saneamento en Barraña, quedades convocados a unha rolda de prensa que se celebrará HOXE MÉRCORES, ÁS 13.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), na que se informará das decisións adoptadas nesta reunión.

    Por outra banda, MAÑÁ XOVES, DÍA 18 DE FEBREIRO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), a concelleira de Xuventude, Dores Torrado Ares, informará sobre a segunda fase do Programa de Voluntariado Europeo no que participa o Concello de Boiro.

  • 22-01-10 12:48
  • Presentación de obras previstas
  • Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local
  • ESTE LUNS, DÍA 25 DE XANEIRO DE 2010, ÁS 13.30 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), terá lugar a presentación das obras que o Concello de Boiro incluirá no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local, e que se debaterán no pleno da corporación municipal o vindeiro xoves día 28 de xaneiro. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares, e a Concelleira de Facenda e Emprego, Dores Torrado Ares

  • 18-01-10 12:48
  • Aportacións económicas a Haití
  • Servizos Sociais do Concello de Boiro
  • o Concello de Boiro, a través do Departamento de Servizos Sociais, que dirixe a Concelleira Natalia Laíño, informa aos cidadáns de dous números de conta co fin de facer aportacións de fondos destinados a apoiar as labores de emerxencia acaecidas pola catástrofe en Haití.

  • Axuda para a catastrofe de Hati.pdf
  • 11-12-09 13:45
  • Inauguración do Belén
  • Praza de Galicia
  • Comunícovos que HOXE VENRES, DÍA 11 DE DECEMBRO, ÁS 19.30 HORAS, terá lugar a apertura do Belén instalado na Praza do Concello de Boiro. Asistirán representantes municipais e o párroco de Santa Baia, D. Francisco Carou Blanco.

  • 01-12-09 13:43
  • Rolda de prensa sobre a TDT
  • Casa consistorial do Concello de Boiro
  • MAÑÁ MÉRCORES, DÍA 2 DE DECEMBRO, ÁS 13.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), terá lugar unha rolda de prensa para falar das xestións realizadas polo goberno boirense para a adaptación dos repetidores á Televisión Dixital Terrestre (TDT)

  • 30-11-09 13:43
  • Colabora ca web muncipal de Boiro
  • Todos aqueles que lles interese participar na web municipal de Boiro, pode facelo enviándonos: fotos, videos, novas, historias,  ou música que represente ao noso concello. Por suposto que poremos o voso "copyraight". Tamén podedes solicitarnos a posibilidade de engadir unha ligazón á vosa web, preferentemente que estea relacionada con Boiro. Forma de contacto: correo@boiro.org

  • 19-11-09 13:43
  • Usuari@s dos talleres de memoira da Cruz Bermella na TVG
  • Cruz Vermella de Boiro
  • Mañá xoves 19 de novembro, os usuarios, usuarias, voluntarios e voluntarias dos talleres de memoria subvencionados polo Concello de Boiro e que leva a cabo a Cruz Vermella, asistirán á grabación do programa Land Rober da televisión galega, a petición do mesmo. A saída será ás 19:00h. da Praza de Galicia, donde os recollerá un autobús facilitado polo programa

  • Usuarios do taller de memoria na TVG.pdf
  • 11-11-09 13:41
  • Visita ao Concello de Boiro de D.Pablo Villamar
  • Vicepresidente da Deputación da Coruña
  • Programa da visita.pdf
Especiais
Taboeiro