ESTE SÁBADO, DÍA 26 DE SETEMBRO, ÁS 20.00 HORAS NA SEDE DO CLUB DE REMO CABO DA CRUZ (peirao, s/n), celebrarase unha homenaxe, organizada polo club e coa colaboración do Concello, a José Romero Oliveira, “Palén”, en recoñecemento a toda unha vida dedicada ao club. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira; a Concelleira de Deportes, Dores Torrado, e outros membros da corporación.