Principal » Novas
  • 12-11-12 18:52
  • Os Axouxeres
  • Programa da Secretariá Xeral de Política Lingüística
  • Orientado aos máis pequenos da casa (de 0 a 3 anos) que chegará esta fin de semana a Boiro da man dun dos 'Encontros teatrais'. A función será este sábado 17 de novembro ás 18:30h no centro social de Cabo de Cruz.. Fai falla inscrición previa no teléfono 637 179 304. +Info. e o calendario completo de actividades na páxina web Axouxeres e nas redes sociais: Facebook e Twitter

  • Os axouxeres.pdf
  • Encontros para bebes e familias.pdf
  • 09-11-12 18:52
  • Noite Aberta Boiro
  • Presentación do programa
  • O vindeiro martes 13 de novembro na sala de xuntas do Concello de Boiro (1º andar) ás 12:00 horas, terá lugar a presentación do programa " Noite aberta Boiro" en colaboración coa Asociación Boirense de Empresarios para a noite do sábado 17 de novembro de 2012.

  • 09-11-12 18:51
  • O Apóstolo
  • Rolda de prensa promocional de Artefacto Produccións
  • Hoxe, a compañía cinematográfica ARTEFACTO PRODUCCIÓNS dentro da rolda promocional da película “ O Apóstolo” faláronnos en Boiro desta producción, facendo entrega tamén da escenografía e boneco utilizado na película ao Concello de Boiro en agradecemento a súa colaboración.

  • 09-11-12 18:51
  • Teatro na casa da Cultura de Boiro
  • Durante o mes de novembro
  • Os vindeiros venres 9, 16 e 23 de novembro as 20:00 horas, na Casa da Cultura "Ramón Martínez López" de Boiro, terán lugar as obras de teatro "A folla máis alta de Berrobambán; "A Voar" de Sarabela e "Bon appetit", respectivamente.

  • Sarabela o 23 de novembro.pdf
  • Bon apetit o 16 de novembro.pdf
  • 09-11-12 18:37
  • 13 anos de maxia
  • Actuación do Mago Xacobe
  • O vindeiro sábado 10 de novembro as 19:00h. para o público infantil e familiar, terá lugar no Centro Social de Abanqueiro a actuación de maxia "13 anos de maxía" do ilusionista Xacobe Sanz..

  • Xacobe Sanz ilusionista.pdf
  • 08-11-12 18:50
  • Mostra de Teatro Escolar
  • Ventes 9 e venres 16 de novembro na Casa da Cultura de Boiro
  • As concellerías de  cultura e educación do Concello de Boiro   organizan unha Mostra de teatro escolar destinada aso seis centros  de boiro. Esta actividade desenvolverase na   na Casa da Cultura  Ramón Martínez López

  • Teatro casa da cultura novembro 2012.pdf
  • 07-11-12 18:37
  • Aula de Lingüas Vivas
  • Inicio da comunidade no Centro Social de Boiro
  • No Centro Social de Boiro este luns dia 19 comezamos ca comunidade linguas vivas, esta actividade está destinada para todos/as os/as que están a aprender unha lingua estranxeira e queren practicar con outras persoas que están na mesma situación ou aquelas persoas que desexen practicar a expresión oral en diferentes idiomas dun modo libre e informal.

  • Inicio da Comunidade de Aula de Linguas Vivas.pdf
  • 06-11-12 18:50
  • Exposición da Asociáción Fotográfica Olláparo
  • Venres 9 de novembro ás 20:00h no C.Social de Cabo de Cruz
  • Esta exposición é unha mostra dun diálogo de similitudes e diferenzas; relacionanse imaxes de duas series fotográficas con escenas de festas e situacións cotiáns en Boiro e Barbanza: Unha formada por fotos antigas en blanco e negro  con  máis de 50 anos (ONTE) e  outra actual, inspirada na primeira e realizada nos últimos cinco anos (HOXE) por fotógrafos do colectivo Olláparo.

  • 31-10-12 18:31
  • Encontros de teatro
  • Venres día 2 de novembro ás 20:00 h. na Casa da Cultura de Boiro
  • Encontros.pdf
  • 08-10-12 18:26
  • Sesións de Contacontos: Contos a Moreas
  • Biblioteca Municipal da Casa da Cultura de Boiro
  • O mércores 17 de outubro comezan na biblioteca municipal da Casa da Cultura as sesións contacontos “ Contos a Moreas” dentro da programación para este outono-inverno. Serán todos os mércores de 16:30 a 17:30 h para nenos/as de educación infantil de 4 e 5 anos. Os que desexen asistir deben inscribirse na biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 84 84 10.

  • 08-10-12 18:24
  • Presentación: Aula de Educación para Adultos
  • Casa da Cultura de Boiro
  • Dende a Concellería de Educación que dirixe Mª José Lorenzo  informase que o luns día 8  de outubro ás 20.30 h na Casa de Cultura  terá lugar  a presentación da AULA DE  DE EDUCACIÓN DE ADULTOS ( curso 2012-2013)

  • Presentacion Aula de Educacion para Aultos.pdf
  • 05-10-12 20:03
  • Obradoiros de Linguas Vivas
  • Obradoiros, ludoteca, inglés, frances...
  • A vindeira semana comezan os Obradoiros Linguas Vivas e a ludoteca en inglés para rapaces de 6 a 10 anos no Centro Social de Boiro. Horarios no documento adxunto. + Info: OMIX Boiro(1º andar-Centro Social de Boiro); omix@boiro.org/981842635

  • Linguas vivas.pdf
  • 04-10-12 20:05
  • Aprender a Emprender
  • Xornadas
  • Dende o Concello de Boiro a través da Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG) e tratándose dunha achega da Xunta de Galicia, desenvolveranse as Xornadas “Aprender a Emprender” coa finalidade de potenciar o emprendemento cooperativo, especialmente en niveis de ensino secundario do sistema educativo galego.

  • Aprender a emprender.pdf
Especiais
Taboeiro