Principal » Novas
  • 04-02-11 11:59
  • Actividades na Casa da Cultura de Boiro
  • Venres 4 e sábado 5 de febreiro de 2011
  • Venres 11 ás 20:00h Tanxarina títeres.
    Sábado 12 ás 18:00 Curso de música caseira  e concerto The Homens e Projecto Mourente ás 20:00 h.

  • Actividades na Casa da Cultura .pdf
  • 04-02-11 11:58
  • IV Certame Literario Ramón Martínez López
  • Presentación na Casa da Cultura de Boiro
  • ESTE MARTES, DÍA 8 DE FEBREIRO, ÁS 13.00 HORAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE BOIRO (CASA DE CULTURA), terá lugar a presentación do “IV Certame Literario Ramón Martínez López”, que contará coa asistencia do Sr. Alcalde de Boiro, D. Xosé Deira Triñanes; o Sr. Concelleiro de Educación, D. Mariano Muñiz, e o técnico responsable da biblioteca, D. Anxo Campos.

  • 03-02-11 11:59
  • As pegadas do home
  • 1ª Exposición bibliográfica de arqueoloxía do Barbanza
  • Lugar: Centro Social de Boiro; Data: 4 de febreiro de 2011 ás 20:00 h.

  • As pegadas do home.pdf
  • 31-01-11 11:59
  • Unha morea de contos
  • Actividade organizada pola Biblioteca Municipal da Casa da Cultura
  • A biblioteca municipal do Concello de Boiro, situada na Casa de Cultura, desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo un programa que, baixo o título “Unha morea de contos”, pretende achegar o mundo dos libros aos nenos desde as primeiras idades

  • Unha morea de contos.pdf
  • 26-01-11 12:00
  • Mesa redonda sobre o Pazo de Goiáns
  • Organiza Barbantia
  • VENRES, DÍA 28 DE XANEIRO, ÁS 20.30 HORAS NO SALÓN DE PLENOS DA CASA CONSISTORIAL.  Mesa redonda sobre o pazo de Goiáns organizada por Barbantia (achégase convite).

  • Mesa redonda Pazo de Goians.pdf
  • 24-01-11 12:01
  • Actividades a desenrolar no Pazo de Goiáns
  • Rolda de prensa
  • MAÑÁ MARTES, DÍA 25 DE XANEIRO, ÁS 13.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (SALA DE XUNTAS), se celebrará unha rolda de prensa para presentar dúas actividades relacionadas co pazo e a finca de Goiáns que se desenvolverán esta fin de semana e que están organizadas polas asociacións Barbantia e O Faiado, coa colaboración do Concello de Boiro. Asistirán o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o presidente de Barbantia, Antón Riveiro Coello, e a presidenta de O Faiado, María Luisa López.

  • 18-01-11 12:01
  • Contacontos: O país dos mandóns
  • Teatro dos Ghazafelhos
  • O Dpto. de Servizos Sociais Comunitarios Básicos do Concello de Boiro organiza, en colaboración coa Deputación Provincial da Coruña, unha representación escénica a cargo da compañía de “Teatro dos Ghazafelhos” dirixida a nenos e nenas de educación infantil e público familiar en xeral

  • Contacontos O pais dos mandons.pdf
  • 04-01-11 11:24
  • Figura Humana: Expresión visual
  • Exposición no Centro Social de Boiro
  • O venres día 7 de xaneiro ábrease ao público unha nova exposición no Centro Social de Boiro, que pode verse na sala de mostras en horario de apertura do centro. Trátase da mostra Figura Humana "Expresión visual" , de Eva Moreno

  • Exposicion Eva Moreno.pdf
  • 29-12-10 13:42
  • Novas fotografías de Carlos piñeiro
  • No apartado de "Boiro en imaxes" podedes visualizar novas fotografías cedidas polo noso colaborador Carlos Piñeiro. Entre as novidades podedes ver os albums: Pazo de Goiáns por Carlos Piñeiro, Peirao de Cabo de Cruz, Procesión do Carmen en Abanqueiro e Muiñada en Goiáns

  • 22-12-10 13:41
  • Excavacións de Neixón
  • Xoves, 23 de decembro na Casa Consistorial de Boiro (Sala de xuntas)
  • Terá lugar unha rolda de prensa na que se dará conta da organización do vindeiro campo de traballo que se realizará nos castros de Neixón. Asistirá o Alcalde, Xosé Deira Triñanes; o concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro, o arqueólogo e director das excavacións, Ramón Fábregas, e o arqueólogo e responsable do Centro Arqueolóxico do Barbanza, Víctor Barbeito.

  • 15-12-10 13:35
  • Invernízate con nós
  • Programa de ocio alternativo da Concellería de Xuventude de Boiro
  • Invernizate con nos é un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo-A Coruña) durante a tempada de outono e inverno.

  • Invernizate con nos.pdf
  • 14-12-10 13:40
  • V Encontros Arqueolóxicos
  • Presentación
  • O MÉRCORES DÍA 15 DE DECEMBRO, ÁS 12.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas) se celebrará a presentación dos “V Encontros Arqueolóxicos” que organiza o Centro Arqueolóxico do Barbanza (Neixón, Boiro) e que se desenvolverán o vindeiro mes de febreiro.

Especiais
Taboeiro