Principal » Novas
  • 26-08-10 14:32
  • Representación da obra de humor: RESIDUO
  • Sábado 28 de agosto ás 12:00 h. na Rúa peonil Santos Mieites
  • A compañía Malabaranda de  Pista Catro  representará RESIDUO . Circo e humor  como soporte fundamental  dun espectáculo que tamén incorpora o paiaso  e a música.Malabares fabricados a partir  dos residuos , vasoiras voadoras  e botellas que se transforman  nun instrumento.Destinado a tódolos públicos

  • 24-08-10 14:27
  • Nomeamento da nova Presidenta de Honra
  • Asociación Cultural Borobó
  • A Asociación Cultural Borobó de Boiro, nomeará esta semana a Dona Carlota Paz Barreiro como Presidenta de Honra da entidade

  • Presidenta de honra.pdf
  • 16-08-10 14:54
  • Visita da Presidenta da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio
  • Centro Arqueolóxico do Barbanza
  • HOXE LUNS, DÍA 16 DE AGOSTO, ÁS 11.00 HORAS, a Presidenta da Comisión de Cultura, Educación e Patrimonio Histórico-Artístico da Deputación da Coruña, Dona Caridad González Cerviño,  realizará unha visita ao Centro Arqueolóxico do Barbanza e ás excavacións que se están a desenvolver nos castros de Neixón. A Deputada Provincial estará acompañada polo Alcalde, D. Xosé Deira Triñanes, o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares González, e o Concelleiro de Cultura, Xerardo Piñeiro Lorenzo.

  • 12-08-10 15:01
  • Concurso fotográfico: Os habitantes de praia
  • Organizan: Departamentos de Turismo e Medio ambiente de Boiro
  • Boiro, 05 de agosto de 2010.  As concellerías de Turismo e Medio Ambiente do Concello de Boiro celebran esta fin de semana (14 e 15 agosto) o 4ª concurso de fotografía “os habitantes da praia” na praia de Barraña (ao carón das pistas deportivas). Calquera persoa interesada, sexa profesional o afeccionada pode participar.
    + info: Oficina de Turismo no 981842654 ou turismo@boiro.org

  • Concurso fotografico Veran 2010.pdf
  • 04-08-10 14:54
  • Espectáculo: Circo, Caixanova na rúa
  • Fima de convenio de colaboración
  • HOXE MÉRCORES, DÍA 4 DE AGOSTO, ÁS 10.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (sala de xuntas), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e o director de zona de Caixanova, Gerardo Fuentes Allende, procederán á sinatura dun convenio de colaboración para a celebración en Boiro do espectáculo “Circo, Caixanova na rúa”, que integra xogos malabares, aéreos e clown, que terá lugar o sábado, 21 de agosto, ás 21.30 horas na rúa peonil

  • CONVENIO CAIXANOVA.pdf
  • 02-08-10 15:00
  • Conferencia: Xestión do patrimonio arqueolóxico
  • Centro Arqueolóxico do Barbanza
  • MAÑÁ MARTES, DÍA 3 DE AGOSTO, ÁS 20.00 HORAS NO CENTRO ARQUEOLÓXICO DO BARBANZA, terá lugar unha conferencia de Rafael Penedo Romero, arqueólogo da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, sobre a xestión do patrimonio arqueolóxico desde o punto de vista da Administración. Lémbrovos, ademais, que hoxe luns comezaron as excavacións nos castros, da man dun grupo de 25 persoas integrado por estudiantes e voluntarios.

  • 23-07-10 14:52
  • Curso de formación ocupacional de Iniciación a Internet
  • Contratación dun docente
  • O Concello de Boiro Convoca unha praza de DOCENTE para impartir  un curso de formación ocupacional de INICIACIÓN Á REDE INTERNET , cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Traballo e Benestar) e pola Unión Europea (Fondo Social Europeo). (Máis información no Departamento de Emprego (2º andar) tf 981 842 609 / 981 844 800)

  • Bases docente Iniciacion a Internet.pdf
  • 30-06-10 14:58
  • XXXVI Certame Nacional Galego de Narracións Breves
  • Modesto R. Figueiredo
  • Bases.pdf
  • 30-06-10 14:50
  • Homenaxe á Juan J. Fajardo Piñeiro
  • Polo seu patrocinio e apoio ao ciclismo
  • MAÑÁ XOVES, DÍA 1 DE XULLO ÁS 21.00 HORAS NA CASA CONSISTORIAL (salón de plenos), o Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, presidirá un acto de homenaxe que a Federación Galega de Ciclismo, que preside Sabino Cortizo Sóñora, realizará, xunto co Club Ciclista Barbanza, ao empresario boirense Juan José Fajardo Piñeiro (JJ Chicolino) en agradecemento ao seu patrocinio e apoio ao ciclismo. No acto, o camión galego absoluto, o boirense José Arturo Piñeiro Rey, entregaralle o maillot de campión. Ao acto asistirá tamén a concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares, e outros membros da corporación.

  • 30-06-10 14:50
  • Curso de Lingua Galega
  • Preparatorio para obter CELGA 3
  • Data de comenzo: 29/09/2010. Horario: de 20:30 a 22:30h. O prazo de inscrición nas probas para a convocatoria de novembro rematará o 8 de outubro. Información e inscrición na Casa da Cultura de Boiro: Telf. 981848425

Especiais
Taboeiro