Principal » El ayuntamiento de Boiro » Constru. Cidadanía
  • Revista Municipal
  • Unha das sendas iniciadas polo Goberno de Boiro no camiño da participación e implicación cidadá na acción municipal foi a de habilitar os mecanismos necesarios para facelo posible. Así, o Regulamento de Participación Cidadá, a creación dos Consellos Parroquiais, o Consello da Mocidade e a gran presenza activa das diferentes asociacións rexistradas no Concello de Boiro téñense manifestado como ferramentas útiles para canalizar as inquedanzas e suxestións veciñais, posibilitando a integración do benestar social coas verdadeiras necesidades de todos os boirenses.

    O Goberno de Boiro aposta pola comunicación cos cidadáns; cre na interacción entre o pobo e os seus gobernantes, e dese convencemento nacen fórmulas que buscan esa riqueza. Neste proceso de comunicación, a aportación de información á cidadanía é un elemento indispensable, e un dos medios para achegala é este segundo número da revista municipal “Construíndo Cidadanía”, un soporte que pretende dar conta das actuacións municipais en distintos ámbitos, dos feitos, das liñas de acción e dos proxectos en marcha.

    “Construíndo Cidadanía” pretende destacar as xestións máis importantes do equipo de goberno, as cales teñen como único obxectivo mellorar o benestar dos veciños que conforman o noso pobo: Boiro.

    Xosé Deira Triñanes (Alcalde de Boiro)

Especiais
Taboeiro