Principal » El ayuntamiento de Boiro » Saúdo do Alcalde
  • Saúdo
  • Dende o inicio dos tempos, a comunicación foi un elemento esencial para a socialización dos homes, de tal xeito que a súa evolución supuxo tamén o descubrimento de novos sistemas de comunicación, que foron perfeccionandose desde a comunicación por signos ata a comunicación icónica, a oral, a escrita, ata dispoñer, gracias aos avances tecnolóxicos, dunhas canles que hai anos eran impensables.

    Na sociedade da información na que vivimos, a Administración Local, que os cidadáns teñen e senten como máis próxima, debe utilizar tódolos recursos ao seu alcance, neste caso Internet, para achegar o Concello aos veciños e, así mesmo, facelo máis operativo.

    Con esta premisa nace a nova páxina web do Concello de Boiro. Por un lado, pretende dar a coñecer o municipio e a súa actividade, as infraestructuras e servicios existentes, e, por outro, servir de vehículo ao cidadán para contactar directamente coa Administración Local e expoñer as súas inquedanzas.

    Benvidos á páxina web do Concello de Boiro, unha ferramenta que agardo sexa do agrado e utilidade a tódolos que nos visitan.

    Xosé Deira Triñanes

    Alcalde de Boiro

  • Curriculum viate.pdf
Especiais
Taboeiro