Concello » Departamentos » C. Informción Muller
  • Introducción
  • O Centro de Información á Muller (CIM) ten as súas dependencias de atención ó público no segundo andar da Casa do Concello, sita na Praza de Concello s/n, no Departamento de Servicios Sociais. Para informarse os teléfonos son 981842826 e o nº de fax 981842827. O correo electrónico para contactar co CIM é cim@boiro.org.

    Ó principal obxectivo do CIM é prestar un servicio gratuito e anónimo a todalas mulleres que desexen información e asesoramento individualizado e apoio en temas xurídicos, sociais, laborais e psicológicos de xeito que lles permitan desenvolver plenamente os seus dereitos.

    Obxectivos do CIM

    Son obxectivos do CIM:

    • Información e asesoramento xurídico, laboral, de saúde, servicios sociais, educación, etc.
    • Atención psicolóxica.
    • Información sobre os recursos dispoñibles no noso ámbito territorial, así coma dos seus dereitos e obrigas e as vías de acceso ós devanditos.
    • Difusión e sensibilización cidadá acerca da vixencia e aplicación do principio de Igualdade entre homes e mulleres.
    • Dinamiza-la presencia da muller na actividade social, económica e cultural da zona.
    • Impulsa-la súa formación e inserción laboral, principalmente nas chamadas novas cuncas de emprego.
    • Recompilar datos sobre a situación das mulleres, as súas inquedanzas e demandas para poder propoñe-las medidas necesarias para solucionalas.

    Persoal do CIM

    a) Coordinadora/Directora (Traballadora Social)

    En horario de 8:00 a 13:00 de martes a venres.

    Funcións:

    • Organización, control e xestión do Centro de Información á Muller.
    • Atención individualizada ás usuarias mediante o asesoramento persoal, telefónico ou por escrito.
    • Coordinación da atención específica a mulleres víctimas de violencia de xénero, poñendo a súa disposición os recursos existentes na Comunidade Autónoma a través da xestión urxente dos servicios policiais, sanitarios, xudiciais e sociais que fosen oportunos.
    • Información sobre os recursos dispoñibles no seu ámbito territorial.
    • Organización, xestión e seguemento de conferencias, encontros, xornadas, obradoiros... co fin de acada-lo principio de igualdade.
    • Divulgación e sensibilización da problemática das mulleres impartindo charlas, conferencias, participando en medios de comunicación, etc.
    • Organización de exposicións e xestión de programas.
    • Fomento do asociacionismo e a participación cidadá das mulleres.
    • Recepción, canalización e tramitación das denuncias en materia de discriminación por razón de sexo no ámbito da publicidade e os medios de comunicación.
    • Coordinación con outros servicios pertencentes a outras institucións públicas ou privadas.
    • Elaboración e supervisión de memorias e informes.
    • Promoción da formación continua en materia de igualdade do persoal dependente do Centro de Información á Muller..
    • Realización de calquera outra actividade que favoreza a consecución do principio de igualdade.

    b) Avogada (Licenciada en Dereito)

    En horario de 08:00 a 14:00 horas os mércores.

    Funcións:

    • Información e asesoramento xurídico.
    • Participación nas actividades do Centro de información á Muller.
    • Colaboración na elaboración de memorias e demais documentación.


    c)

    Psicólogo (Licenciado en Psicoloxía)

    En horario de 08:00 a 14:00 os mércores.

    Funcións:

    • Realización de valoracións e orientacións psicolóxicas.
    • Intervención individual.
    • Realización de prácticas de grupo e talleres de autoestima.
    • Participación nas actividades do Centro de información á Muller.
    • Colaboración na elaboración de memorias e demais documentación.
  • Praza de Galicia, s/n. 15930. Boiro (A Coruña). Ed. Consistorial
  • 981842826
    Fax: 981842827
Especiais
Taboeiro